Galicia

Atopan 5 contradiccións no decreto do galego da Xunta

Existen debilidades xurídicas ao contradecirse con normas de maior rango en 5 dos seus puntos principais. Iso é o que se desprende da análise das bases do decreto do plurilingüismo da Xunta, no que participaron máis de 60 xuíces, avogados, profesores de dereito e fiscais de Galicia, para os que a Xunta ten un “preocupante descoñecemento do marco constitucional e estatutario das linguas oficiais”. Un dato que animará, sen dúbida, a moitos colectivos a estar presente na folga prevista para mañá 21 de xaneiro en Santiago promovida pola plataforma ‘Queremos galego’ e por centrais sindicais.

Os erros

Un informe técnico e imparcial no que se sinala que a xurisprudencia marca que é necesario establecer mecanismo de discriminación positiva cara a lingua propia da comunidade para corrixir a situación de desigualdade da que parten ambos idiomas antes da entrada das tres linguas cooficiais (galego, euskera e catalán) no sistema educativo. Con esta lei baixo o brazo, o número de horas lectivas en galego ten que ser maior para garantizar a competencia do alumno nela. Ademais, as leis galegas marcan que a lingua da Administración é, por defecto o galego, polo que un funcionario como o profesor dun colexio público non tería a liberdade para escoller lingua.

Outro dos punto nos que choca é a equiparación das linguas oficiais á inglesa, xa que a Lei Orgánica de Educación marca que non pode ser xeralizado nin obrigatorio, así como non se poderían evaluar criterios lingüísticos en materias no que estas competencias non son relevantes.

Por outro lado, a Carta Europea de Linguas Minoritarias á que España está adherida de forma voluntaria desde 2001 esixe a presenza do galego en todas as etapas do sistema educativo e, según o plan da Xunta, podería haber unha aula de educación infantil na que non se empregara esta lingua.

Como colofón, estos expertos aseguran que non existe o dereito á elección lingüística, xa que dereitos fundamentais como a educación non poden estar sometidos a votación e menos deixar este tipo de competencias en mans dos pais.

También te puede interesar