O albergue municipal xa ten ubicación. A concelleira de Benestar presentou hoxe o proxecto para o centro social de atención continuada, que se construirá nun terreo municipal de 259 metros cadrados situado na Travesía de Ribadavia, en Pizarro, no que se fará un edificio de tres plantas e sótano con casi 700 metros cadrados e que terá, entre outros servizos, un albergue con 30 camas, lavandería, almacén, centro social con 23 plazas e roupeiro.
Na soto estarán os servizos internos (lavandería, roupeiro, despensa e almacén) e na pranta baixa o centro de atención continuada, unha sala de usos polivalentes, unha zona de despacho, de rehabilitación social, aseos, área de control, consigna e recepción. Nos andares superiores estará o albergue cunha capacidade inicial de 30 camas que podería ampliarse en función das necesidades. Serán dormitorios de entre 2 e 4 prazas, cunha sala de estar común e aseos.
Neste intre nesta parcela só queda un edificio en ruinas do que só queda en pé os muros de pedra, que serán reutilizados no novo edificio. O orzamento para a súa construcción, 700.000 euros dos que 300.000 están recollidos nunha partida dos orzamentos municipais para este ano. As obras poderían comezarse en setembro e estar rematadas en 8 meses, co que o novo albergue estaría operativo a principios de 2011. Este proxecto precisa sen embargo do apoio económico da Xunta, polo que os nacionalistas instan ao goberno autonómico a “cumprir o seu compromiso e colaborar”.