Xosé Manuel Beiras tracexou onte en Vigo a súa visión da crise e o fixo dando unha dignose, mencionando aos culpables e sinalando a aqueles que tentan darlle unha resposta. O que fora catedrático de Economía, asegurou que a crise non é coyuntural senon estructural, que afecta aos mesmos alicerces do sistema, que afecta á asignación de recursos “a proba está no deterioro da biosfera e dos recursos naturais que anemazan a supervivencia do planeta”.
Beiras asegura que a crise tamén o é de hexemonía, “os Estados Unidos, aínda que seguen a ser a primera potencia mundial xa non deciden sobre a globalidade, a súa hexemonía é só militar, pero non económica”. O seu lugar, indicou, será ocupado polo “brich”, Brasil, Rusia, India e China que notaron moito menos o impacto da recesión que Europa. Esto fai que a crise sexa, tamén xeográfica “creando un crecimiento desigual que forma bolsas de pobreza na que están catro quintas partes dos 6.500 millóns de habitantes da Terra”.
A única resposta, na opinión do que fora voceiro do BNG está na esquerda social que veñen de formar os movimientos antisistema “capaces de alterar algunhas decisións de organismos interacionáis e que veñen de aproveitar os foros sociais para unificar esta resposta”contra os “novos fascismos, que non levan esvásticas, pero que erosionan os cauces, aparellos estatais, e sistemas e mecanismos democráticos facendo que pensemos que a clase política está enmerdada”.
Beiras cree que a esquerda, “mesmo a nacionalista, que adoptou o dogmatismo para evitar o debate e a alternativa” ve que pasa isto pero non o pode evitar xa que “está dentro daqueles mecanismos e terma para seguir neles”. O líder de Encontro Irmandiño tachou de “ironía” que os mesmos que acusan ao nacionalismo de querer “acabar con la unidad de la patria” renunciasen a resolver a crise deixando a resposta ao Fondo Monetario Internacional renunciando a súa soberanía, eso supón que “as Cortes e o Goberno xa non son soberanos”, asegurou.