Cultura

Nace en Redondela o colectivo “Senghasoil”

O proxecto “Senghasoil”” é una iniciativa xuvenil nacional que pretende que Redondela se converta e adquira prácticas típicas das “comunidades en transición”.

O movemento en transición é un movemento positivo na súa esencia, que xurdiu en Inglaterra no ano 2006 e que dende entón xa se expandiu por todo o mundo, estando presente de xeito activo en máis de 34 países.

“Concienciar á poboación da nosa alta dependencia ao petróleo explicando as consecuencias desta dependencia; potenciar un desenvolvemento sostible; fomentar a participación e implicación cidadá; mellorar ambiental e socialmente o noso entorno; ou promover unha maior cohesión social”, son algúns dos obxectivos do movemento.

Mobilidade e enerxía, alimentación, asociacionismo e residuos son as catro liñas principais que este colectivo pretende traballar a través da educación e a concienciación social. Este proxecto presentado como iniciativa xuvenil no programa Xuventude en Acción foi aprobado e recibirá financiamento europeo para a súa realización.

Senghasoil fará a súa presentación o próximo xoves, 2 de agosto (21:30 h.) na Praza da Torre de Redondela, nun acto que incluirá pasarrúas, actividades informativas, proxeccións de vídeo e que culminará co concerto do grupo revelación “Tridentes”. Esta será a primeira toma de contacto entre o colectivo e a vila, “pero non será a única pois trala presentación temos por diante un  amplo programa de actividades que desenvolverán ata o verán de 2013”.

 

Te podría interesar