Ciencia y Tecnología

Carlos Callón invita aos ‘galego-calantes’ a facerse ‘galego-falantes’

Esa é, seica, unha das intencións ou as propostas de, ‘Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez’(Xerais), o último libro de Carlos Callón (Santa Uxía de Ribeira, 1978), que está no mercado a un prezo máis que agarimoso, ao redor de 13 €, e que completa a triloxía que, o tamén presidente da ‘Mesa pola Normalización Lingüística’, empezou con ‘En castellano no hay problema (2010)’, no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos 15 anos.

Na presentación da obra en Vigo, Callón sinalou que trátase dun “diálogo lúdico-práctico, útil e funcional” no que se dirixe, dunha banda a aqueles que din “yo no hablo gallego porque no lo sé bien…que realmente son galego-calantes, para que pasen a ser galego-falantes porque saben moito máis galego do que pensan”.

Tamén vai servir, “porque está é a finalidade, que sexa un libro de consulta” para que aqueles que xa falan en galego día a día e que queren mellorar, “porque unha lingua nunca acábase de aprender”; e, por último, está dirixido a un público diverso, dende o ámbito do ensino, “onde hai profesores de galego que atopan dificultades para que os estudantes aprendan e empreguen o galego”, hasta quenes teñen dúbidas á hora de escribir no noso idioma.

Carlos sinala que non hai ninguén en Galicia que non quera ao galego e sinala como exemplo delo que moit@s rapaces e rapazas, ainda que non falen en galego apoian ao idioma nas redes sociais, “hai pouco Tuenti recibiu un premio por ter 130.000 perfis en galego”. Eso sí, tamén alerta de que Vigo é, xunto con Ferrol, onde máis se perde o uso do galego entre a xente nova e subliña que “a mellor defensa, sempre, dun idioma é o seu uso”.

 

También te puede interesar