Cultura

Perde unha beca predoutoral por entregar o certificado de estudos en galego

Se neste pé de foto puxese "o chupatintas que denegou a beca é un imbécil" entenderíase? o como está en galego non sería así?

A Mesa pola Normalización Lingüística ven de denunciar que o Ministerio de Economía negou unha bolsa predoutoral a unha estudante “co argumento de que non entendían o certificado de estudios en galego”.

Deste modo, o presidente de A Mesa, Carlos Callón, censurou que “é evidente que un documento así” redactado en galego “é perfectamente comprensible para calquera persoa alfabetizada nunha lingua tan próxima como o español”, xa que “hai un texto moi escaso con nomes das materias ou cifras”.

A Mesa subliña que toda a lexislación e xurisprudencia recoñece a validez da documentación redacta en galego e o dereito da cidadanía a non ser discriminada por razón de lingua.

Pola súa banda, a alumna presentou unha alegación indicando que o galego é unha legua oficial no Estado, pero non foi atendida polo que resultou excluída do proceso.

Neste sentido, A Mesa enmarcou esta cuestión “nunha intensa ofensiva españolista contra a diversidade lingüística e cultural do Estado”, xa que “nega o recoñecemento do galego como idioma oficial de Galicia e das súas universidades”. “Non queren comprender e intentan escarmentarnos con castigos como este por manter viva a nosa lingua”, recrimina.

De feito, afirmou que coñecen “casos de xente que presentou documentación en galego en países como Arxentina ou México e que non lles solicitaron ningunha tradución”. Ademais, A Mesa critica que na resposta do Ministerio se apunta que atopan “defectos” porque o texto “non está redactado en español ou inglés”.

 

También te puede interesar