A coral Polifónica Anduriña de Coruxo, a EPA, a do Val do Fragoso, Clásico de Vigo, Nautilius de Comesaña e acoral Polifónica Máximo Gorki, iniciaron este domingo no Auditorio Mar de Vigo a 8º Edición do Festival de Habaneras que dende este 9 de marzo e ate o 1 de xuño xuntará a 39 corais de Vigo, Nigrán, Ponteareas, Portugal e Zamora para ofrecer actuaciones gratuitas durante os días 9, 16, 23 e 30 de marzo, 6 e 27 de abril e 4 de maio, ademáis dun ‘Especial letras galegas’ o 11 e 25 de maio e o 1 de xuño.
Como salientou o presidente da el presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, Enrique Lorenzo, o certame “volve ao mar”, en referencia a que esta edición celébrase no auditorio, algo no que incidiu o alcalde– moi recuperado da súa operación de cataratas- quen lembrou que a primeira edición, hai oito anos, empezou na Estación Marítima, seguiu no recintp feiral de Ifevi “e, agora, de novo, volve á carón do mar”.
O vindeiro domingo, día 16, no mesmo escenario, estarán as corais Cidade de Vigo, Enarmonía, Beade, Amadeus, e Gil Appasionati.