Comarcas Vigo al minuto

Os accesos á Praza de Ponteareas, en Redondela, pecharán a o tráfico o martes e mércores

E tamén o ‘scalextric’

Os accesos á Praza de Ponteareas, en Redondela, pecharán a o tráfico o martes e mércores

E tamén o ‘scalextric’

O Concello de Redondela informa de que o martes e mércores, 9 e 10 de agosto, procederase ao peche do tráfico rodado na contorna da Praza de Ponteareas. O peche permitirá que se desenvolvan, coa maior rapidez posible, as obras de asfaltado da praza.

Cambios nas paradas de autobús

Por mor das restricións de tráfico, as paradas dos autobuses Pontevedra-Vigo e Vigo-Pontevedra, cambiarán durante eses dous días o seu lugar habitual e quedarán situadas na Avenida de Santa Mariña, á altura dos semáforos; na entrada á casa cuartel da Garda Civil e na N-550 preto do comercio de bicicletas existente na zona (Hobbybike).

A alcaldesa subliñou que con estes traballos “entramos nas últimas fases da remodelación dunha das principais portas de entrada ao casco urbano”. Digna Rivas agradeceu “á colaboración da veciñanza que vive na zona obxecto das obras” que, segundo engadiu, “é perfectamente consciente que os inconvenientes que teñen este tipo de obras quedarán compensados con creces cunha zona humanizada e de esparexemento para as veciñas e veciños”.

Redondela, di Rivas, “non pode quedar atrás na tendencia europea de que as vilas e cidades sexan, cada día máis, das persoas e non dos vehículos” e, unha vez rematados os traballos, “a veciñanza da contorna contará con espazos para o estacionamento”

Obras de Fomento de mantemento do paso elevado

Doutra banda o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana comunicou ao Concello de Redondela que dende o vindeiro martes, 9 de agosto e durante unha semana, estará pechado o tráfico de vehículos por debaixo do paso elevado coñecido como o scalextric. O motivo do corte é o de realizar traballos de mantemento e conservación nesa infraestrutura viaria dependente do Ministerio.

O tráfico rodado de vehículos lixeiros en dirección ao centro de saúde farase a través da Avenida Santa Mariña e tomando á desviación para o campo de fútbol do Choco e a zona escolar.

También te puede interesar