Comarcas

A 37ª ‘Festa do Choco’, será en Redondela do 10 ao 12 de maio

Contará cunha importante programación de actividades

A 37ª 'Festa do Choco', será en Redondela do 10 ao 12 de maio

A 37ª ‘Festa do Choco’ será en Redondela do 10 ao 12 de maio. Os hostaleiros e hostaleiras que ofrecerán durante estas xornadas este exquisito cefalópodo elaborado con diferentes preparacións, participaron hoxe la presentación do evento, acompañados dalgúns dos fundadores desta festa, como Manolo Conde e José Manuel Durán.

Música, baile ou gastronomía

Esta edición conta cunha ampla programación cultural, na que o público poderá desfrutar de actuacións musicais, baile e actividades variadas durante os tres días de celebración. Así mesmo, repítense as Xornadas Gastronómicas do Choco, nas que participan diferentes establecementos da vila do 6 ao 12 de maio. Tanto na carpa do campo da feira como nos locais de hostalaría, Redondela ofrecerá estes días as mellores receitas, preparadas con mimo: pratos que queren amosar a tradición e a innovación, con pratos típicos como a empanada de millo, o arroz con chocos ou os choquiños na súa tinta e tamén propostas orixinais como o pan bao de choco ou a pizza de choco.

Participantes

Así, entre os participantes desta edición da Festa do Choco estarán na carpa: ‘Vigo e os catro elementos’; Restaurante O Tranquilo; Casa Chano; Panadería Luisa; Panadería Alejandra; Paladarqueso e Anaquel Gourmet.

Os establementos que participan nas IV Xornadas Gastronómicas son Novo Royalty; A Cova; Pizzería Bos Aires e Papagaio Bistró. E todos eles súmase o alumnado do Obradoiro de Hostalaría “Redondela TIC III”, que serán os encargados dun “Showcooking” o sábado, onde amosarán en directo a elaboración de varios pratos.

Actividades paralelas

Como complemento a exaltación gastronómica do choco de Redondela, a festa conta cunha ampla programación de actividades paralelas. A música tradicional estará presente coas actuacións de grupos como Airiños de San Simón, Tanto os Ten e O Carballo das Cen Pólas. Non faltará a verbena,que arrancará xa o venres coa gran orquestra Combo Dominicano e o domingo Gran Parada. A aposta musical para a noite do sábado pasa por U2 Zen Garden, grupo italiano considerado o mellor tributo á banda irlandesa. Outras propostas locais como a Orquestra de Saxos, a Banda de Música de Chapela, a Rondalla de Redondela e a sesión DJ con Rodri Vegas & Enter.

Programación

Venres 10 maio

  • 19.30h. Inauguración e apertura da carpa de degustación.
  • 20.00h. Concerto da Orquestra de Saxos.
  • 23.00h. Verbena amenizada pola orquestra Combo Dominicano no campo da feira.

Sábado 11

  • 10.30h. Apertura da carpa de degustación.
  • 12.30h. Actuación do grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón.
  • 13.00h. “Showcooking” a cargo do alumnado do Obradoiro de Hostalaría e Comunicación “Redondela TIC III”
  • 16.30h. Scooterada Vespartana. Saída da praza de Ribadavia.
  • 20.00h. Concerto na carpa do campo da Feira do grupo Tanto Nos Ten
  • 23.00h. Concerto de U2 Zen Garden. Campo da Feira
  • 01.15h. Sesión DJ no campo da feira con Rodri Vegas & Enter

Domingo 12

  • 10.30h. Apertura da carpa de degustación.
  • 11.30h. Pasarrúas coa Banda de Música de Chapela
  • 12.30h. Lectura do pregón a cargo do actor, cómico e presentador Rafa Durán
  • 13.00h. Actuación do grupo de gaitas do Carballo das Cen Pólas na carpa do campo da feira.
  • 18.00h. Concerto da Rondalla de Redondela na carpa
  • 21.00h. Concerto da orquestra Gran Parada no campo da feira

Rutas en barco

Viaxes á illa de San Simón e visita á illa: o sábado 11 e o domingo 12 cun prezo de 5 euros

Horarios sábado día 11

  • 12:00 h saída dende o peirao do museo Meirande
  • 16:30 h saída dende o porto de Cesantes.
  • 17:30 h dende o porto de Cesantes.

Horarios domingo día 12

  • 12:00 h saída dende o peirao do museo Meirande
  • 16:00 h saída dende o porto de Cesantes.
  • 17:00 h dende o porto de Cesantes.

Venta de entradas: no museo Meirande (986 458 891) e na oficina de turismo de Redondela (986 101 713). En caso de esgotarse as prazas a navieira ofertará novas visitas a través da súa páxina web www.crucerosangel.com.

También te puede interesar