Sin sección

Este xoves volven as representacións históricas á vila romana de Toralla

En xullo e agosto, gratis e sen reserva

Este xoves volven as representacións históricas á vila romana de Toralla

Este xoves, 4 de xullo, regresan as representacións históricas á vila romana de Toralla coas que o público poderá achegarse (da man de figurantes ataviados de época), aos costumes e tradicións dos séculos IV e V despois de Cristo, a época do xacemento arqueolóxico.

As recreacións do momento de ocupación da vila romana amosan á cidadanía da época de diferentes clases sociais e escenificando diferentes ambientacións: a celebración dunha voda, a elaboración de perfumes e adornos florais, bailes, traballos, venda de escravos e a estrela da exhibición que é a loita de gladiadores.

En total serán 14 representacións divulgativas na vila romana de Toralla, con entrada gratuíta ata completar aforo.

  • Serán 7 xornadas, os xoves de xullo e agosto con dous pases cada día: ás 20:00 e ás 21:00h.
  • En xullo, haberá representacións os días 4, 11 e 18
  • En agosto, os días 1, 2, 22 e 29

También te puede interesar