Comarcas

60 millóns de euros para manter as estradas provinciais

E están tramitándose outros 13 para seguridade viaria e melloras dos viais

60 millóns de euros para manter as estradas provinciais

A goberno da Deputación de Pontevedra mobilizou no seu primeiro ano de mandato máis de 60 millóns de euros para conservar as vías provinciais. Neste eido, impulsouse un novo contrato para o mantemento integral da rede viaria e adxudicouse o novo acordo marco de conservación de firmes das estradas provinciais.

Tamén se tramitaron iniciativas que quedaran paralizadas no 2015 como as actuacións en estradas de Vilanova e Moraña. Para facelo posibel houbo máis de 40 reunións cos alcaldes e alcaldesas da provincia, para coñecer as necesidades e prioridades dos concellos.

Acordo marco de conservación

Con este fin, adxudicouse o novo acordo marco de mantemento de firmes na rede viaria da Deputación de Pontevedra -por máis de 4 millóns de euros- e un contrato para a conservación integral da rede provincial que ascende a preto de 40 millóns de euros.


Ao mesmo tempo, tramitáronse expedientes por valor doutros 4 millóns:

  • mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-0002 Marco-Tomeza-Figueirido (1,7 millóns)
  • mellora da mobilidade peonil no treito antigo da EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcelas (410.000€)
    urbanización da rúa Condesa e áreas de estacionamento en Barrantes (700.000€)
  • obras na EP-2801 Fornelos-Estacas (230.000€)
  • ensanche e mellora da seguranza viaria na EP-0405 en Cerdedo-Cotobade (1.000.000€)
  • actuación integral de seguranza viaria e mobilidade sostible na EP-1203 O Campo-Pardavila (1200.000€)
  • ensanche e mellora da seguranza viaria na EP-2702 Amoedo-Os Valos (1.000.000€).

Proxectos paralizados

Paralelamente, recuperáronse proxectos que quedaran paralizados no 2015, como a mellora da mobilidade peonil na EP-9701 Baión-András, que contará cun investimento de 1 milllón de euros; ou o
ensanche da EP-0503 Mane-Rebón, en Moraña, co mesmo orzamento.

Por último, estanse a redactar novos proxectos e está previsto impulsar por valor de preto de 5 millóns de euros en seguridade viaria en estradas provinciais, e destinaranse outros 8 millóns de euros para melloras nestas vías a través de convenios cos concellos.

También te puede interesar