AS EMBARAZADAS VOLVEN A CLASE ESTE MES

A Universidade de Vigo organza un curso no que fala de pilates, ioga, a introdcción ao parto natural ou os beneficios dun programa físico aquelado para embarazadas.

embarazada/Foto: María Paz Vargas

A Universidade de Vigo abre as súas aulas a embarazadas. Non é que teñan que facer un máster para ser nais, pero sí que están en forma para o intre do parto. Durante as trinta horas de duración do curso os participantes coñecerán os aspectos básicos do período do embarazo, parto e postparto e aprenderán a distinguir os diferentes tipos de actividades físicas axeitadas para estas etapas.

As primeiras prazas, cubertas

As 35 prazas que se ofertaban xa están cubertas porque, segundo explica a directora do curso, Cristina López, “non existe moita formación neste ámbito e esta actividade achega unha visión interdisciplinar sobre o tema”. Ademais, o programa está integrado por matronas, fisioterapeutas ou antropólogas o que fai que “sexa de especial interese para o alumnado das titulacións en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermaría e Fisioterapia.
En boa parte, o curso descansa na filosofía de “naturalizar o parto” e, deste xeito, entronca co Plan Estratéxico de Atención ao Parto Normal do Goberno, ao tempo que propón estender o exhaustivo seguimento que a sanidade pública realiza nas etapas previas e durante o parto ao período posterior, “no que tamén hai problemáticas e patoloxías que requiren asistencia”, explica López.

Empeza o martes

A primeira sesión do curso terá lugar o día 8 cunha presentación da dinámica por parte da directora do curso. A continuación, a antropóloga Ana Filgueiras ofrecerá un relatorio sobre o legado cultural da maternidade en Galicia e a enfermeira Sofía González achegará os aspectos anatómico-fisiolóxicos da muller durante o embarazo, parto e postparto. O día pecharao a fisioterapeuta especializada en obstetricia, Sara Veira, que descubrirá aos participantes as modificacións máis importantes causadas polo embarazo relativas ao exercicio físico.
Na xornada do mércores, Aida Soraluce e maila directora do curso encargaranse de analizar os criterios a ter en contra na elaboración dun programa de actividade física para embarazadas. Soraluce volverá o último día do obradoiro para dar a coñecer os beneficios do medio acuático para o embarazo. Ao día seguinte as expertas Viviana Rosalía e Virginia Serrano achegarán os beneficios do ioga e o pilates, respectivamente, para esta etapa.

 

 

Matrícula

Para aqueles cursos que aínda contan con prazas dispoñibles, os interesados en participar neles deberán encher a inscrición facilitada no rexistro auxiliar da EUT Forestal, na Casa das Campás ou na web da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. Canda o impreso, deberá entregarse o xustificante de pagamento. No caso dos bolseiros da Universidade, contarán cun 50% de desconto sobre as taxas. Será do 25% no caso do resto dos membros da comunidade universitaria.

 

También te puede interesar