O prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na Escola Municipal de Danza para o curso 2008-09 será dende o 14 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).
O lugar de presentación de solictudes é as Dependencias da Escola Municipal de Danza (soto 1º da Casa do Concello) de luns a venres, de 09 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.
Máis Información nos teléfonos 986 810 167 ou 986 810 221; Fax 986 810 167 ou 986 221 666 ou Escola de Danza