Galicia

Na Cidade da Cultura, menos é máis

A Xunta rebaixará o presuposto inicial para a obra de Gaiás, pero aumentará a tasa de execución.

A Cidade da Cultura, en obras. Autor: Lansbricae
A Cidade da Cultura, en obras. Autor: Lansbricae

A Xunta de Galicia xa admitíu que o ano que vén haberá menos cartos para a Cidade da Cultura, xa que o presuposto inicial era inasumible, pero que a tasa de execución dese gasto será maior que o ata de agora. Tendo en conta os momentos de crise que atravesamos e tras unha reunión co patroado da Fundación, a Consellería de Cultura priorizará o remate dos catro edificios que van máis adiantados e reordenará o calendario do resto para poder facer fronte aos gastos.

Deste xeito, o vindeiro ano espera poder abrise ao público a Biblioteca de Galicia, o Arquivo e o centro administrativo, mentres que o Museo de Galicia espera inaugurarse cunha gran exposición a finais de 2010 ou principios de 2011. Non é casualidade que todas estas actuacións queiran levarse a cabo dentro do ano Xacobeo, co que a Cidade da Cultura tamén serviría de reclamo.

No tema das remodelacións, Cultura quere deixar claro que aínda se están a estudiar e que afectarían sobre todo aos edificios menos adiantados. Para o actual Esceario Obradoiro podería recuperarse a idea de Palacio da Ópera, ainda que non hai nada pechado. O conselleiro reunirase en outubro con Peter Eisenman, o arquitecto da obra, para estudar a evolución e o futuro das obras.

También te puede interesar