Comarcas

Xornadas sobre o problema dos dous idiomas en Galicia, organizada por Galicia Bilingüe e a Deputación

A presidenta desta asociación considera que o de Galicia é un caso único e que estan pasando “cousa moi graves que afectan a moitos nenos e moitas familias galegas”,

Galicia Bilingüe

Expertos en multilingüismo xuntaranse en Pontevedra este fin de semán para intervir no foro de debate organizado pola Deputación e Galicia Bilingüe para falar da “problemática” que representa para Galicia a existencia de dous idiomas.

A vicepresidenta da Deputación, Tareixa Pedrosa, e a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, coincidiron en que trátase dunha iniciativa “moi oportuna”, xa que logo “debemos matinar sobre unha problemática que está na rúa e nos colexios”

Ao encontro acuden entendidos que explicarán coma abordan estos conflictos noutras comunidades e países con máis dun idioma e para que “a sociedade galega abra os ollos ante outras realidades basedas na libertade lingüística e liberdade na elección no ensino”.

Galicia, caso único

A presidenta de Galicia Bilingüe insistiu en que “a xente ten que saber que cando decimos que o caso de Galicia é únicon non esaxeramos” e engadiu que “están pasando cousas moi graves que atinxen a moitos nenos e moitas familias”.

Entre os ponentes está o profesor Félix Ovejero e a escritora sueca Inger Enkvist. A profesora catalana Carmen Leal refrictira a loita polos dereitos dos estudantes e profesores cataláns que queren estudar e castelán e non asumen o actual sistema.

É a primera vez que unha administración ampara a actividade de Galicia Bilingüe oque, segundo Pedrosa, débese a un compromiso da Deputación.

También te puede interesar