Non están todos os que son, pero 6.000 familias solicitaron xa as axudas para mercar libros de texto que o conselleiro de Educación confía en poder comezar a abonar as axudas a partires da semana próxima.
Vigoalminuto fixo a proba: unha familia que gaña un salario de 1.000 euros a mes non recibe axuda. Así, a costa de setembro terán que pasala con menos de 600 euros. Estas son as contas: para a filla de primeiro de primaria tiveron que gastar 176 euros en libros, para a filla de quinto de primaria funciona o sistema de prestamo todavía, pero sí lle teñen que comprar cadernos de traballo por valor de 47 euros. Habería que sumar 200 euros máis para comprarlle as dúas o resto do material: mochilas de rodas (mínimo 39 euros), lápices, folios, colores, roupa… O resultado é un mes moi afoga
Ferramentas propias
En resposta a unha pregunta parlamentaria, Vázquez Abad detallou o procedemento artellado pola Consellería de Educación para facer efectivo o pago ás familias destas bolsas, que significan a introdución por primeira vez dunha “gratuidade real” no acceso a este material didáctico esencial. Isto contrasta co anterior sistema de préstamo, no que os manuais eran propiedade da Administración e “non podían ser empregados polo alumnado como unha verdadeira ferramenta de traballo”.
Recorte de beneficios ás familias
Pola súa banda, o PSdG acusou ao presidente da Xunta de “mentir“ ao prometer libros de texto gratuitos para as rendas medias e baixas.
O voceiro de Educación lembrou que co programa do PP unha parella con un fillo e un salario de máis de 579 euros brutos ao mes cada un non terán dereito ás axudas de 180 euros, do mesmo xeito que perde as axudas unha familia cun fillo que gañe 964 euros brutos. Do mesmo xeito, as parellas con dous fillos e que perciban 772 euros ao mes cada un tampouco teñen acceso aos 180 euros, e reclamou que explique “si considera a estas persoas de clase alta”.
Tres de cada catro nenos, sen libros gratuitos
Meijón denunciou que o modelo de “insolidariedade gratuíta” do goberno de Feijóo suporá que tres de cada catro escolares galegos perderán os libros de texto gratuítos, co que dos 221.000 alumnos que iniciarán este novo curso escolar en Galicia, só 55.000 recibirán unha axuda de 180 euros.