
A súa traxectoria no mundo da traducción ao galego e a súa importancia para a cultura galega e a súa integración na vangarda intelectual do mundo contemporáneo valeránlle a Marilar Aleixandre unha homenaxe por parte da Asociación de Tradutores Galegos o próximo 30 de setembro, data que coincide co Día Internacional da Tradución. asas
Unha data que se festexará por todo o alto e que comezará o día 29 de setembro cunha conferencia de Daoud Hari no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela, pnde falará da súa experiencia e da súa obra ‘Yo fui traductor en Darfur’.