A Fundación Xosé Neira Vilas presentou hoxe a quinta edición do Premio Arume de poesía para nenos, un concurso literario bienal para fomentar a creación de lírica infantil para ser lida e recitada en galego pola poboación en idade escolar. Podrán participar todo aquel que o desexe, da igual a nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega que teñen que ser presentados antes do 31 de octubre. A obra gañadora será premiada coa súa publicación por Edicións do Castro e 1.000 euros.
En edicións anteriores o concurso tivo un gran éxito, coa participación de máis de 50 autores que cultivan un xénero pouco frecuente. A escritora Concha Blanco foi a gañadora da última edición.