Destacados Vigo al minuto

A Favec adicará os seus esforzos a demandar unha mellora da mobilidade en Vigo

Quieren también que se mejore la comunicación con el área metropolitana.
Quieren también que se mejore la comunicación con el área metropolitana.

O movemento veciñal de Vigo reclama melloras na movilidade en Vigo e con tal motivo prepara unha campaña para conciencias a cidadanía. Ademáis, dirixirán as súas queixas a tódolos organismos competentes na materia (Concello, Xunta…) . Na asemblea realizada esta mañán, aprobou a Campaña  ‘Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis’ quevan  desenvolver durante todo o outono.

A Favec sinala os seguintes problemas despois de realizar un “exhaustivo” estudio:

  • Mobilidade no centro urbano, coa problemática de saturación de tráfico, do aparcadoiro en superficie para residentes e a problemática do elevado custo do aparcadoiro subterráneo se é preciso empregar habitualmente o automóbil.
  • Mobilidade entre as parroquias e o centro urbano, con problemas relacionados co transporte urbano (frecuencia, transbordos, trazados, etc).
  • Mobilidade interurbana, sen servizos suficientes, sen coordinación dos servizos existentes, cun custo tan elevado que sae máis económico o emprego do coche, etc.

“Diante desta situación, en primeiro lugar, a FAVEC e as asociacións veciñais propóñense sensibilizar os veciños e veciñas de Vigo e da súa área metropolitana sobre a necesidade de abordar sen demora a ordenación da mobilidade dun xeito áxil, económico e respectuoso coa contorna. Para iso vanse dar a coñecer polos barrios e parroquias os problemas cos que se está atopando a veciñanza e propoñendo medidas para abordalos”, sinalan nun comunicado..

A FAVEC ten previsto demandar do Concello de Vigo, da Xunta de Galicia e das restantes administracións implicadas, que se executen os acordos existentes para debatir a mellora do transporte e mobilidade na cidade e tamén na súa área metropolitana. Así, sinalan que nos anos 2000 e 2001, froito do traballo co Concello de Vigo, melloraron os trazados de transporte urbano en Vigo.

A Favec sinala que se segue a apostar polo coche para obter recaudación a través de multas e aparcadoiros. Ademáis, critican que as obras de humanizacións se fagan todas á vez e sen consultar aos veciños, coa conseguinte repercusión no tráfico. Outra das súas críticas é que “o Consello Municipal de Transportes e o Consello Municipal de Mobilidade non se reúnen coa periodicidade prevista (trimestral) nin exercen como verdadeiros órganos de deliberación das necesidades da veciñanza”, así aseguran que na década dos 90 a cidade estaba na vangarda da democracia participativa e agora é “a última da fila”.

  • Revindicacións da Favec

Que se faga partícipe á  Federación Veciñal Eduardo Chao na toma de decisións relativas aos temas de mobilidade, a través da elaboración do Plan de Investimento Local para 2010, atendendo ás necesidades derivadas do Plan de Acción Veciñal xa consensuado.Ademáis, exixen, entre outras cousas, que se convoque o Consello Municipal de Transportes trimestralmente, que se elabore un Plan de Mobilidade en Vigo e área metropolitana e que se executen os acordos relativos á mobilidade por parte das distintas administracións (aparcadoiros disuasorios, estacións intermodais, intercambiadores en puntos clave da cidade e rede de ferrocarril de proximidades).

También te puede interesar