
Haberá segunda canle. A Televisión de Galicia anunciouno hoxe. A Guedous (G2) baseará a súa programación en contados específicos, e unha ampla oferta cultural e de programas para nenos.
A programación cultural emitirase en horario de máxima audiencia xa que está destinada a ser “unha das grandes referencias da G2”.
Os programas infantís abranguirán espacios en versión original, subtitulados en galego, para fomentar o plurilingüismo e, ademáis, haberá un informativo de 40 minutos, con traducción simultánea para xordos.
O comunicado de RTVG non detalla cando empezará a emitir e, si como pasou coa primeira canle, volverá o teimudo J.R. decindolle á muller aquela famosa frase “estás bébeda Sue Ellen”.