Galicia

A Xunta axudará á reconstrucción da nave calcinada en Boiro

Imagen del incendio en la cordelería
Imagen del incendio en la cordelería

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que, no prazo dunha semana ou dez días, A Consellería de Economía e Industria, a de Traballo e Benestar e o Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, presentará un plan conxunto coa empresa J.J Chicolino de Boiro, que resultou calcinada por mor dun incendio rexistrado o pasado xoves, para a reconstrución e reactivación da súa actividade.

O xefe do Executivo galego visitou o domingo as instalacións da empresa afectada polo lume acompañado polo seu propietario, Juan José Fajardo, e por parte da plantilla de traballadores. Unha visita coa que Feijóo quixo “testemuñar” a “solidariedade” do Goberno galego e de toda Galicia cunha empresa “punteira” na nosa comunidade que dá emprego a noventa traballadores, e tamén con todo o sector marítimo, para quen esta factoría subministraba “no só a Galicia e a España, senón a todo o mundo”, puntualizou

Feijóo recoñeceu que aínda que “queda moito traballo por facer”, ás 24 horas do sinistro xa se estaba traballando para recuperar a actividade, como xa está a ocorrer noutras naves, lembrou.“Todas as axudas relativas á investigación, ao desenvolvemento, a investimentos e dirixidas ao refinanciamento de créditos e avais serán reactivadas”, avanzou, para asegurar que “todo o paquete de axudas financeiras, tanto a fondo perdido como para axudar a reactivar a industria están a disposición desta empresa como o estarían a disposición doutra que tivera a importancia estratéxica que esta ten para Galicia”.

O mandatario galego quixo tamén agradecer o traballo e “a profesionalidade” dos bombeiros, a coordinación entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e, tamén, a profesionalidade dos pilotos do helicópteros “que estiveron traballando ao límite das garantías de seguridade”, subliñou. Destacou así, que se fixo “un bo traballo de control” para evitar que o lume non pasara a outras naves e bens; algo que, dixo, “está conseguido. Agora temos que empezar”.

También te puede interesar