‘Camiña e coñece’ é xa unha cita obrigada para moitos vigueses. Áo roteiro guiado da mañan do domingo polos montes de Saiáns acudiron máis de 200 persoas desexosas de coñecer os tesouros escondidos da que é a parroquia máis pequena de Vigo. Moitos descubriron hoxe que no seu magnífico parque forestal agocha un castro en proceso de musealización. Pero os seus encantos non se quedan aquí, ao longo dos 4,5 km percorridos tamén poideron ver dúas tipoloxías de muíño; o rupestre navicular e o de auga. A través de carballeiras e bosque de galería os camiñantes chegaron até o Outeiro da Raposa e seguidamente ao Monte da Bandeira, onde poideron admirar a espectacular panorámica da ría de Vigo coas Cíes ao fondo, Moteferro, praia América, Baiona…
‘Camiña e coñece’ é unha iniciativa das concellerías de Deportes, Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo. En edicións pasadas recorreuse a cidade de Vigo, o Lagares, Bouzas, Valadares, Chandebrito e Zamáns. O roteiro de Saiáns o organiza en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia.