
Edicións Xerais de Galicia entra xa na madurez. A editorial cumpliu este luns, 5 de outubro, o 30 aniversario da súa fundación en Vigo.
Ao longo deste tempo publicou 3.200 títulos, case todos en galego, uns 3.000, e vendeu máis de 10 millóns de volúmenes dentro dun catálogo moi diverso. Sen embargo, tamén ten libros en inglés, portugués e castelán.
A súa misión fundacional, tal e como sinalan, “foi non deixar baldeiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia”, e por este feito, síntense moi orgullosos da súa labor.
Dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega (22% dos títulos do catálogo). No ámbito da edición xeral, Edicións Xerais de Galicia posúe un extenso catálogo literario (23% dos títulos do catálogo), que aborda todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega…), lexicográfico (dicionarios e vocabularios), universitario, infantil e xuvenil (22% dos títulos do catálogo), e de ocio (guías de viaxe, guías de natureza…).