Galicia

Máis dun centenar de accidentes nas estradas galegas esta fin de semana

accidenteUn home de 45 anos e veciño de Lobios faleceu esta madrugada ao salirse da vía co coche no que viaxaba tras precipitarse desde unha ponte entre Fornadeiros e Lobios, en Ourense. Esta é a última víctima mortal das estradas galegas, nas que durante esta fin de semana o 061 tivo que atender a 147 persoas en 104 sinistros de tráfico nos que morreu outro usuario.

O domingo, con 50 accidentes, foi o día de maior movemento e o 51 por cento dos atendidos foron homes e, no 42% dos casos, de entre 15 e 29 anos. Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos destas datas, con 46 sinistros, seguida de A Coruña (42) e Lugo e Ourense (8). En 120 casos os feridos foron trasladados a centros hospitalarios, 7 a centros de Atención Primaria e 19 foron atendidas no propio lugar do accidentes, ademáis dunha das víctimas que morreu no acto.

También te puede interesar