
O Ifevi convertirase o vindeiro 9 de xaneiro no escenario da Copa do Mundo de Enduro Indor, no que se darán cita os mellores pilotos do mundo. Un acontecemento deportivo a nivel mundial que virá a cubrir unha das tantas fins de semanas deportivas que ofrecerá Vigo ao longo de 2010 e que abarcarán case todas as especialidades.
Deste xeito, dous días antes deste espectáculo de categoría, Vigo acollerá a Supercopa de Fútbol Sala e acaba de celebrar, ademais de outras probas de repercusión internacional como a Copa do Mundo de Hípica ou o recen celebrado Mundial de Hockei.
Para conseguir ser sede deste campeonato, Vigo tivo un duro camiño por diante, sobre todo na loita contra a candidatura mexicana.