A Festa do Marisco do Grove non decepciona ningún outubro. A pesares de que a crise fixo que este ano o número de visitantes descendera un 2 por cento, nesta ocasión a organización vendeu 90.285 racións de marisco, co que racadaron 403.200 euros. O polbo, do que se comercializaron 6.665 platos, foi a ración máis demandada neste encontro gastronómico, seguido da vieira (5.989) e do arroz de marisco, do que foron degustadas racións.
E non é menos cuns platos a prezos populares: os asistentes puideron degustar mexilóns pagando enre 3 e 3,8 euros; un plato de arroz de mariscos por 4,9 euros; unha vieira ao forno por 4; ostras por 5,5 euros; polbo por 8,4; cigalas á prancha por 9,80 euros ou, como prato máis caro, camaróns por 10,5 euros.
A Festa do Marisco celébrase nesta vila desde 1963 e, desde que se declarou de Interés Turístico Nacional na década dos 80, o número de visitantes non deixou de subir, chegando ata as 200.000 visitas nun pobo de apenas 11.000 habitantes os sete días que dura a festa. Os prezos populares e o marisco fresco de calidade fan deste certamen gastronómico unha ocasión única, unha romería consagrada ao deus pagano do bo padal.