Galicia

Traballo convoca a Mesa do Diálogo Social para a semán que ven

sindicatos1

Será o xoves, día 22. A primera xuntanza da Mesa do Diálogo da era Feijóo. A Consellería de Traballo, fixoo público hoxe  nun comunicado no que lembra que a mesma xa fora convocada o pasado día 5.

Segundo a Xunta, este será o comezo dun debate que ten que rematar no artellamento do Plan Galego de Emprego 2010-2012, e informou que os contactos coa patronal e os sindicatos xa se fixeron hai máis dun mes, e non só para atopar unha data para a convocar á Mesa, senon para que propuxesen os temas máis urxentes que terán que debatirse.

Segundo os axentes sociais, o primero ten que ser una acción decidida contra o paro, que xa afecta a máis de 200.000 galegos e que pasa por manter as coberturas sociais, mellorar as oportunidades de atopar emprego, facilitar a contratación ás empresas e fornecer o tecido productivo de Galicia.

También te puede interesar