O Concello de Vigo abrirá un expediente sancionador para coñecer o nome dos autores das pintadas que apareceron durante esta fin de semana no Casco Vello, de xeito que se poida iniciar unha investigación e actuar contra eles, especialmente tendo en conta que algunhas das pintadas relizadas afectaron a edificios de marcado carácter histórico e patrimonial.
De todos os xeitos, o Consorcio do Casco Vello dispón dun servizo gratuito para a limpeza de fachadas ao que calquera afectado pode recurrir. De feito, hoxe mesmo firmouse unha prórroga do contrato coa empresa encargada de limpar todas as pintadas no Casco Vello.