
Trinta películas coas que collerlle gusto ao galego. Hoxe comeza en Vigo o programa ‘Unha lección de cine’, dirixido a alumnos de secundaria e que ten como obsectivo amosar aos rapaces a posibilidade de ver cine comercial en galego.
Nesta cuarta edición proxectaranse nos cines Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía as películas “O misterio Galíndez”, “Hotel Tívoli”, “Heroína”, “O concursante”, “Cando o mundo remate te seguirei amando”, “Un amor por descubrir” e “Mia Sarah”, e así ata un total de 30 filmes. O programa comezou no 2005 con tres proxeccións e chega ao 2009 cun total de trinta, quince destinadas a infantil e primaria, que tiveron lugar a final de curso, e quince dirixidas a secundaria, que rematarán o 27 de novembro.
As películas serán proxectadas nos cines Yelmo-Cineplex nunha das salas con capacidade para 300 rapaces.