Cultura

Jorge Barbi inaugura exposición no Marco

Unha das obras do artista de A Guarda
Unha das obras do artista de A Guarda

O MARCO inaugurou a mostra individual de Jorge Barbi (A Guarda, Pontevedra, 1950), destinada a todas as salas da planta baixa, e comisariada por Juan de Nieves. A exposición baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo. O argumento constrúese a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo, no que será a primeira grande exposición individual deste artista.

O título da exposición, ’41º 52′ 59” latitud N / 8º 51′ 12” longitud O’, refírese as coordenadas xeográficas entre as que o artista desenvolveu o seu traballo para esta mostra.

Tra-la súa clausura en Vigo, a mostra viaxará a Lisboa, onde se exhibirá na Fundação Calouste Gulbenkian do 6 de maio ao 6 de xullo de 2010.

También te puede interesar