O Concello de Vigo ampliará ata o 26 de outubro o prazo para poder solicitar as axudas ao consumo para familias con necesidades económicas, unhas subvencións destinadas a activar o pequeno e mediano comercio da cidade convocadas por Tenencia de Alcaldía e que están dirixidas a familias cunha renda non superior aos 351 euros por membro. As axudas, dun máximo de 600 euros por familia, estarán destanadas a subvencionar gastos de vestiario, calzado, óptica, librería, deportes e outras necesidades básicas.
Para esta liña de axudas destinaranse 1,2 millóns de euros que espera que acaben en ata 1.000 familias. No primeiro trimestre de 2010 novamente haberá un proceso de solicitude de axudas de outros 600 euros mensuais para outras 1.000 familias.