Galicia

Máis de 50.000 persoas maniféstanse en Santiago pola defensa do galego

Cartel da plataforma
Cartel da plataforma

Santiago de Compostela acolle este mediodía a manifestación ‘en defensa da lingua galega’ convocada pola plataforma cívica Queremos Galego, que aglutina a preto de 500 entidades (A Mesa, BNG,  CIG, Sindicato Labrego Galego, Galiza Nova, Seminario Galego de Educación para a Paz…) e 3.000 adhesións particulares. Espérsase que sexa un acto multitudinario que sirva para alertar á Xunta das súas medidas “represivas”. De feito, contratouse o dobre de autobuses que no Día das Letras e algúns virán doutras comunidades e mesmo de Portugal.

O percorrido partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago de Compostela e seguirá a mesma ruta do Día das Letras Galegas (Porta Faxeira, Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, Praza de Doutor Puente Castro, República Arxentina, Hórreo, Praza Galicia, Orfas, Toural, Rúa do Vilar, Conga e la Praza da Quintana, onde se lerá un manifesto).

Previamente a manifestación organizáronse uns 50 actos en 22 comarcas de Galicia (incluida Vigo) para animar a participar, e a plataforma Queremos Galego incluso abrirá ‘delegación’ en Bos Aires (Arxentina).

Entre as medidas represivas da Xunta destacan a próxima derogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da  Ley de Función Pública para a eliminación da proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.

Escritores coma Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas; Bernardino Braña; Andrés Torres Queiruga ou a gaiteira Susana Seivane  acudirán á cita e curiosamente, o fillo de Cuíña, Rafael Cuíña. Os partidos da oposición e os sindicatos tampouco faltarán.

También te puede interesar