Galicia

La Región presenta un ERE que afecta a 35 traballadores

O ERE afectaría ao 23% da plantilla
O ERE afectaría ao 23% da plantilla

La Región S.A. de Ourense presentou ante a Autoridade Laboral (con data 20 de outubro) un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que, en principio, afectaría a 35 traballadores (incluidos  dous delegados de UXT membros do Comité de Empresa). Isto supón case o 23 por cento do persoal actual xa que, aínda que o grupo está integrado por 203 traballadores, neste cómputo inclúense ás persoas das delegación da TVG en Ourense e Madrid, non afectadas pola medida, e ao persoal directivo.

As razóns esgrimidas pola empresa son de tipo económico, aínda que tamén organizativo, técnico e productivo. Para elo, baseánse no descenso de publicidade (un 18% en 2009 respecto ao dous exercicios anteriores) e ás amortizacións que deberá afrontar a empresa nos próximos anos.

O Comité de Empresa é totalmente contrario a esta medida xa que a empresa continúa tendo beneficios económicos. A espera de informes técnicos más detallados, sabemos que o importe neto da cifra de negocios en 2008 foi de 13.182.000 euros e que o resultado do exercicio, unha vez contabilizados os impostos, foi positivo en 188.000 euros.

Mala xestión provoca fortes débedas

A mala situación económica de La Región non é por que non xere ingresos, senón derivada dunha mala xestión que desembocou a ter importantes débedas e créditos que pagar. Isto, en todo caso, non é achacable aos traballadores. Por iso, o Comité de Empresa iniciará as negociacións pertinentes e medidas de presión para que o ERE non saia adiante.

Este escrito esta apoiado por tódolos sindicatos do Comité de Empresa integrado por tres membros de UXT, dous membros da CIG, dous de Comisións Obreiras e dous do Sindicato de Xornalistas, que preside o Comité.

También te puede interesar