Galicia

A Xunta subvenciona cun millón novas tecnoloxías aplicadas ao Xacobeo 2010

vigoalminuto.comA Consellería de Economía e Industria ven de publicar no Diario Oficial de Galcia (DOG) unha nova liña de axudas para o financiamento de accións orientadas a productos ou servizos de innovacion tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010. A convocatoria remata o 21 de novembro destre ano e está dotada cun millón de euros.

O obxectivo da mesma é fomentar proxectos relacionados co Xacobeo e entroncados co Plan Galego de I+D+i 2006-2010. Poderán ser beneficiaras das axudas empresas privadas con domicilio social en Galicia e se subvencionarán accións das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións que incrementen a calidade da oferta turística ou servizos relacionados co Xacobeo.

Os anticipos serán de ate o 80% e os beneficiaros recibirán parte da subvención antes de realizar o gasto, sen bnecesidade de presentar garantía a favor da Xunta. Serán obxecto de subvención os dispositivos de comunicación e localización, Web 2.0 e tecnoloxías audiovisuais. Considéranse especialmente aqueles que poidan dar soporte, mediante as TIC, a servizos de valor engadido para peregrinos e outras persoas interesadas no Xacobeo, coma dispositivos móbiles, resdes sociais e web 2.0, servizos de audiovisuais de promoción ou soporte das actividades do Xacobeo.

Os formularios complementaranse a través da aplicación informática ‘Axudas virtuais’ nos enderezos http://economiaeindustria.xunta.es e http://xunta.es/administracionelectronica

También te puede interesar