As bolsas que oferta o Concello para estudar idiomas no extranxeiro pasarán de 20 a 100 este curso. Así o anunciou o alcalde de na Escola Oficial de Idiomas.
Abel Caballero salientou que son 7.000 os estudantes que fórmanse en idiomas na Escola viguesa, unha cidade “que vive na globalización” e polo que a ensinanza de linguas é básica para a economía de Vigo. Por iso, o alcalde apostou por “dotarlle de recursos” á Escola porque o contrario é “ir en contra do futuro e da economía desta cidade”.
As bolsas ofertadas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas permitiulles viaxar ao estranxeiro e estudar na lingua de destino durante tres semanas, tal e como aconteceu cos 125 estudantes de ensinanza media que regresaron a Vigo fai algunhas semanas despois dunha estancia no estranxeiro sufragada polo Concello.