A Biblioteca Central de Vigo, ubicada na rúa Joaquín Yáñez, pecha as súas portas de xeito temporal dende o vindeiro venres 30 de outubro ata o día 2 de novembro para realizar traballos de mantemento. Segundo informa a dirección da biblioteca, estes traballos consisten na realización das labores de desratización, desinfección e desinsectación co fin de garantir a seguridade ante posibles reacción alérxicas, de xeito que reabrirá as súas portas o martes 3 de novembro.