Tres días despois de celebrar o Día Internacional das familias acolledoras, preséntase en sociedade a Asociación de Familias Acolledoras de Galicia, que nace con preto de 40 membros adultos e moitos nenos para defender o dereito dos menores en situación de desamparo “a crecer arropados e queridos”.
Esta iniciativa aparece tamén coa idea de apoiar, asesorar e defender os dereitos das propias familais, ademáis de promover unha cultura acolledora e de organizar eventos e actividades neste ámbito. En Galicia preto dunhas 80 familias acollen a uns 102 nenos, mentres que a Xunta tutela a 2.700 menores en situación de desamparo.