Aínda falta unha semana pero xa comezan a chegar os primeiros participantes no Campionato de Europa Sub-21 de Vigo, que se celebrará do 6 ao 8 de novembro en As Travesas. A selección sueca será a primeira en pisar Peinador esta noite (21:50 horas) para logo ir a concentrarse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestrará toda a semana cos alumnos de taekwondo que se están a preparar nesas instalacións.
Aproveitando a súa presenza na cidade, mañá domingo (1 de novembro) realizarán unha visita ao XI Campionato Internacional Cidade de Pontevedra, que se celebra durante esta fin de semana e que concentrará a uns 800 participantes entre taekwondistas, adestradores, árbitros e federativos.
A delegación sueca, que está formada por nove persoas, é un dos máis de trinta países que confirmaron a súa presencia na competición en Vigo.