Galicia

Medio Ambiente adxudica 18 obras por valor de 3 millóns

En Pontevedra beneficiaránse en A Garda, Vigo, Vila de Cruces...
En Pontevedra beneficiaránse en A Garda, Vigo, Vila de Cruces...

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, vén de adxudicar 18 contratos administrativos por un importe total de 3.017.524 euros.

Cómpre sinalar que as actuacións de carácter hidráulico céntranse en melloras de captacións, redes de abastecemento, construción de depuradoras, instalación de sistemas de bombeo ou reposición de servizos e pavimentos.

Pontevedra

Augas de Galicia achega un total de 523.703 euros ás actuacións en materia de saneamento previstas para a provincia pontevedresa. Así, na Guarda, completarase o saneamento na Costa de Soldados e na zona de Forno do Duque. A empresa adxudicataria, Hidromiño S.L, dispón dun orzamento de 191.300 euros.

Cómpre sinalar que en Vilagarcía de Arousa levaranse a cabo diferentes actuacións mediante as que se proxecta unha rede separativa de saneamento con colectores que suman un total de 1.240 metros, e a instalación de novas estacións de bombeo de augas residuais en Cornazo, Veiga e Borrizos. As obras, ás que se destinan 199.500 euros, serán executadas por Marco Obras y Proyectos de Arosa S.L.

Por último, realizarase o saneamento en Bodaño, Vila de Cruces, aportando un orzamento de 195.200 euros.

Orzamentos 2010

O orzamento de gastos do exercicio 2010 que se destinarán a investimentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Administración Hidráulica de Galicia acada a cifra de 148’8 M, primando o saneamento das rías e o control e eliminación de vertidos.

Asemade ao capítulo de investimentos da Administración Hidráulica de Galicia, destacan o saneamento das rías galegas, para o que se establécense tres programas de actuación: aos Plans de Saneamento Locais das Rías Galegas, -obxectivo na procura do compromiso deste Goberno de acadar o bo estado das augas das rías Galegas en 2015- a anualidade para o 2010 é de 4 millóns de euros, mentres que ata o 2013 esta cifra ascenderá a 10 millóns; para o Plan de Choque de Rías (EPOSH destinaranse 25 millóns de euros durante o período 2009-2011, dos cales 16’9 millóns serán para o vindeiro ano; e para as actuacións para a eliminación de Vertidos (EPOSH) durante o vindeiro ano xestionaranse case 10 millóns, cifra que ata 2013 ascenderá aos 34,7 M.

Prográmanse tamén investimentos para o Plan de Control de Vertidos, cunha anualidade en 2010 de 3M e que chegará ata os 12 millóns de euros en 2013.

A Administración hidráulica (EPOSH) contempla orzamentariamente a explotación das EDAR que xa está levando a cabo, ademais da asunción de aquelas nas que os concellos o soliciten, par iso destinará un total de 9 millóns de euros en 2010 e que se incrementará ata os 62,9 ata 2015.

Manterase a colaboración coas entidades locais financiando abastecementos, como os de Arbo (2,9 M / anualidade 2010: 1,9 M 1ª fase), Cervo e Burela (anualidade 2010: 1,4 M total), Ames e Brión (6,5 M / anualidade 2010: 3,6 M 1ª fase), Salceda de Caselas e O Porriño (anualidade 2010: 1 M total), o abastecemento ao Morrazo desde Vigo (7,3 M / anualidade 2010: 2,3 M) ou a ETAP de Ponteareas (1,1 M / anualidade 2010:1 M).

También te puede interesar