A Comisión de seguimento do secuestro do ‘Alakrana’ manterá hoxe unha reunión cos alcaldes dos concellos galegos que teñen tripulación no atuneiro. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistirá á xuntanza que se celebrará mañá en San Caetano e que ten por obxecto analizar a situación do buque retido fronte ás costas de Somalia e atender as necesidades e inquedanzas das familias dos tripulantes.
Forman parte desta Comisión o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, o secretario xeral de Mar, Francisco Vidal-Pardo Pardo, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e o director xeral do Gabinete da Presidencia, Álvaro Pérez López.
Logo da xuntanza de mañá cos alcaldes, a conselleira do Mar manterá unha reunión cos representantes dos distintos grupos parlamentarios para trasladarlles o contido do encontro da Comisión e as últimas novidades sobre o secuestro.
A Comisión de seguimento do Alakrana permaneceu onte reunida en Vigo.