Galicia

A Xunta destaca a unidade “total” cos concellos dos mariñeiros secuestrados

El presidente de la Xunta
El presidente de la Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a “coordinación absoluta e a unidade total” entre a Xunta de Galicia e todos os concellos que conforman o Comité de crise posto en marcha polo Executivo galego para o seguimento do secuestro do atuneiro Alakrana. Feijóo salientou a importancia deste comité para poñer a disposición das familias a información sobre os últimos acontecementos en torno ao barco, e para “focalizar todas as enerxías das administracións en axudar a liberar á tripulación e favorecer a súa volta a casa”.

En declaracións aos medios de comunicación, logo de presidir a reunión do Comité de crise que celebrou a Xunta de Galicia xunto aos oito alcaldes dos municipios aos que pertencen os mariñeiros galegos secuestrados, Feijóo adiantou que recibirá ás súas familias a partir de hoxe.

“A partir deste instante poñémonos en contacto con todas elas, tanto os alcaldes como a Administración autonómica, para pechar unha axenda que sexa factible para todos”. Lembrou que era intención da Xunta recibir ás familias dos mariñeiros o pasado luns pero que, finalmente a reunión non se produciu. “Agora que estamos a Comunidade Autónoma e os concellos nun mesmo comité imos convocar ás familias o vindeiro domingo ou o luns” en función das preferencias dos convocados, apuntou.

También te puede interesar