Destacados

Os traballadores do diario La Región maniféstanse de novo no centro de Ourense para evitar despidos na súa plantilla

Piden á Xunta que analice detalladamente a informaciòn contable antes de dar o visto bo ao Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) presentado pola empresa que suporá o despedimento de 35 traballadores

LA REGION 15 NOVIEMBRE 00mani7Os traballadores de La Región de Ourense manifestáronse este domingo pola mañá durante a popular Carreira do San Martiño, a cita atlética máis importante da cidade das Burgas. Cunha faixa co lema “35 traballadores á rúa por unha mala xestión” despregada na Ponte do Milenio, os asalariados denunciaron a intención da empresa de continuar co ERE malia ter recoñecido nas páxinas do propio xornal que “o diario ourensá é, como avalan as súas contas, unha empresa rendíbel, que arroxa beneficios” .

Beneficios e recargos por non pagar multas

As contas presentadas pola sociedade no Rexistro Mercantil proban que gañou 188.000 euros en 2008. Ademais, a propia empresa recoñeceu nunha das reunións co Comité de Empresa que só en 2008 pagaron 700.000 euros a Facenda por recargos e multas que deberan ter abonado no pasado.

O Comité (no que colaboran CIG, UXT, Comisións e preside o Sindicato de Xornalistas) demanda que a Xunta analice  detalladamente toda a información que presenten os sindicatos para evitar os despedimentos. Neste sentido xa mantiveron reunións co delegado da Xunta na provincia e co alcalde de Ourense.

También te puede interesar