É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Federación Veciñal califica de “atropelo” que non se cree un novo Xulgado de Familia en Vigo
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” considera un atropello que a Xunta de Galicia descarte a creación do novo xulgado de familia para dar servizo á cidade e área metropolitana. Que se creen nove xulgados en toda Galicia e Vigo quede sen os servizos de familia non fai senón “poñer de manifesto os grandes paradoxos que sufrimos nunha cidade que a pesar de ser a máis grande de Galicia non ten o peso político doutros núcleos ou tan só polo feito de non ser capital“, aseguran los responsables de la FAVEC.
“Cómo pode ser que a creación dun xulgado considerado segundo todos os informes como prioritario pasa a ser agora prescindible e se apraza a súa creación? É acaso este o gran proxecto da Cidade da Xustiza prometido para Vigo?”, se preguntan. Os veciños creen que se o principio que guía a función das administracións públicas é que os servizos deben estar o máis próximos posible do administrado, sen dúbida esta máxima cobra o seu máximo sentido en Vigo que cunha poboación de case 300.000 habitantes e un área metropolitana que se achega ao medio millón sufre a diario as demoras da xustiza e os tediosos trámites que supón acudir a outras cidades a facer trámites xudiciais.
Na súa opinión, a creación de novos servizos xurídicos, coma o xulgado do mercantil, aforra cartos e tempò a empresas e particulares que nin teñen que desprazarse a diario a outros lugares para ter este servizo.