Vigo al minuto

Urbanismo di que o 42% do PXOM está desenrolado pero non desvela o número de licenzas concedidas

José MariñoO concelleiro de Urbanismo e Vivenda, asegurou hoxe que o Concello xa ten iniciado no primeiro ano en vigor do Plan Xeral o 42% do total para catro anos. José Mariño fixo balance do grao de desenvolvemento do novo PXOM e indicou que Urbanismo xa ten en marcha uns 40 ámbitos que afectan a 5,5 millóns de metros cadrados de solo vigués. O Plan Xeral dictamina en 12 millóns os metros cadrados a desenvolver nos catro primeiros anos, e “o Concello xa ten iniciado en un ano o 42% do total, case o estimado para os dous primeiros anos“.

Mariño valorou positivamente o desenvolvemento do Plan Xeral, que está a avanzar nos trámites de planeamento dos ámbitos para estar preparados para iniciar a construcción unha vez remate a crisis económica, segundo explicou. Neste senso, o concelleiro asegurou que os ámbitos iniciados contemplan 518.000 metros cadrados para usos dotacionais, como escolas infantís, centros de día, e uns 600.000 reservados para zona verde, o que equivale a 120 alamedas do tamaño dun campo de fútbol.

A situación económica desfavorable actual, apunto o concelleiro, está a afetar á construcción e ás licencias concedidas polo Concello, pero o novo Plan Xeral está a conseguir que a caída sexa menor que noutras cidades galegas. Mariño recordou que a caída de visados de Vigo é a segunda menor de Galicia, sólo por debaixo de Lugo.

Infraccións urbanísticas
José Mariño recordou tamén que, á chegada do novo goberno municipal ao cargo fai dous anos e medio, Urbanismo contaba con 11.000 infraccións urbanísticas pendentes de resolver, cifra que a día de hoxe ronda as 7.000. Esta mellora débese, segundo sinalou o edil, ao reforzo do persoal, que volverá a repetirse en 2010.  O concelleiro defendeu a ampliación en 35 postos de traballo do persoal da Xerencia de Urbanismo como o único medio de poder cumprir a lei e resolver estas infraccións no prazo legal estipulado de tres meses. Este tempo alargábase anteriormente ata case un ano.

O reforzo do persoal laboral de Urbanismo responde asemade ao aumento de Inspeccións Técnicas de Edificios (ITE) a realizar para 2010. Este ano 2009, a Xerencia ten programadas unhas 3.600 inspeccións, mentres que o número para o 2010 ascenderá a unhas 9.000.  Pero o concelleiro non explicou se este incremento de persoal, que segundo os datos económicos do Concello fixo que a partida de personal neste organismo pasase de 3.600.000 € a máis de 6.100.000, estivo seguido dun aumento da recadación por infraccións urbanísticas. 

Oficina de vivenda
O edil informou da actividade da Oficina municipal de Vivenda, ubicada nas dependencias da Xerencia de Urbanismo, e que xa atendeu 2.840 consultas no que levamos de 2009. Ademais, a Oficina está a ultimar un rexistro de solares que determine as parcelas municipais propiedade do Concello e os usos designados para as mesmas no termo municipal de Vigo, un documento que ata o momento non existía.

construcciónSen datos do número de licenzas e a construcción de vivendas de protección oficial

Nembargantes, Mariño non concretou cántas licenzas de obra foron aprobadas neste mandato e que, hai seis meses, eran 72, e para vivendas unifamiliares. Tampouco indicou o número de licenzas para pisos de protección oficial, un ponto clave no programa socialista nas eleccións mancipáis de 2007 xa que recollía a promesa de construir 6.000 antes de 2011 e non indicou se é certa a denuncia do voceiro municipal do Partido Popular que o pasado día 5 sinalou que non se tramitaran as 130 vivendas sociais en terreos do Concello en Ramón Nieto, O Pombal, Choutada e Travesía de Vigo.

O responsable de Urbanismo non desmentiu a falla de execución do 70% dos ingresos da Xerencia de Urbanismo, procedentes de pago de licenzas de actividade e de obra, e que deberían ter suposto un montante de 3.173.000 € e dos que só se cobraron 883.000.

 

También te puede interesar