Reúnense unha vez ao ano para tratar temas relevantes que lles atinxen diretamente e elixir ao seu novo alcalde. Uns 90 mozos de catro centros educativos de Vigo (IES Álvaro Cunqueiro, colexio Alborada, Monterrey e Maristas) participaron no XI Pleno Xuvenil do Concello de Vigo, no que 28 exerceron de concelleiros e o resto de público e que seguíuse o prodecemento habitual dun pleno ordinario do concello.
Abel Caballero xa ten un duro rival durante este ano: Rodrigo Mariño, que resultou elexido como novo alcalde do Pleno Xuvenil en relevo da alumna que exerceu como rexidora na edición anterior. E, se en 2007 o tema candente era o botellón e o ano pasado a inmigración, nesta sesión o establecemento dos límites e normas e a perda do prestixio do profesorado foi a cuestión a debatir.
Trala apertura do debate por parte do novo alcalde, os voceiros dos distintos grupos, representados por sete concelleiros de cada centro escolar, explicaron as súas análises e propostas con posibles solucións aos problemas de convivencia que leva aparellados. Un modo único para que os máis pequenos poidan sentirse implicados nos temas que máis lles afectan e para que poidan vivir de primeira man que os adultos á hora de tomar decisións tamén teñen que contar coas súas opinións.