Destacados Vigo al minuto

A costa galega terá 5 novos espías

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, instalará nas vindeiras semanas cinco sensores oceanográficos nas boias meteo-oceanográficas de Ons e Río Miño para o seguimento das condicións oceanográficas na costa galega. Así, estes mecanismos revelarán datos en tempo real da ondada (oleaxe), salinidade, temperatura e correntes da auga, mentres que pola parte superior do dispositivo rexistrarán datos relativos á temperatura, o vento e a humidade do aire.

Unha das boias xa está instalada nas illas Cíes
Unha das boias xa está instalada nas illas Cíes

A

Estas ferramentas de medición forman parte dunha rede de boias oceanográficas costeiras que a Xunta de Galicia está a implantar na Costa de Galicia e, que na actualidade, xa conta cunha instalada nas Illas Cíes e dúas plataformas oceanográficas en Rande e Cortegada. Compre sinalar que no desenvolvemento e funcionamento desta rede colaboran o Intecmar, o Cetmar e a Universidade de Vigo.

Grazas a este mecanismo de transmisión de información, todos os datos están puntualmente dispoñibles en tempo real nas páxinas web de MeteoGalicia e Intecmar, para que -no momento de consulta- os profesionais do mar e os afeccionados á pesca deportiva e de recreo poderán coñecer o estado real do mar e do vento. Ademais esta información tamén se lle traslada a Portos do Estado para que –a súa vez- proceda a remisión aos organismos internacionais.

Os traballos de colocación dos sensores nas boias, cuxo custe ascendeu aos 53.828 euros, rematarán en breve e polo tanto, poderán instalarse nas augas nas vindeiras semanas. Compre sinalar que o incremento destes dispositivos forman parte do proxecto RAIA: Observatório Oceanográfico da Marxe Ibérica. (www.observatorioraia.org).

Finalidade do proxecto

O obxectivo principal do proxecto é o desenvolvemento dun observatorio oceánico, onde os principais elementos de estudo son unha infraestrutura transfronteriza de observación do océano e unha extensa rede de oceanografía operacional. Os traballos deste proxecto baséanse na monitorización e a predición do océano mediante o uso de modelos numéricos e a construción e o desenvolvemento de novas plataformas océano-meteorológicas nas desembocaduras dos ríos Douro e Miño e na plataforma costeira á altura de Porto e Cabo Silleiro e a Illa de Ons.

Deste xeito, desenvolveranse novas tecnoloxías que permitan construír e deseñar unha base tecnolóxica rexional transfronteiriza con capacidade de expansión internacional; unha plataforma común de datos (observacións en tempo real e previsións), así como a implantación operacional de modelos hidrodinámicos, de ondada e de calidade da auga na plataforma e costeiros. Outra das finalidade é o desenvolvemento e instauración un amplo listado de documentos informativos de acceso á sociedade, no que se facilite información sobre os modelos de corrente e axitación, de propagación de verteduras, e de deriva de larvas, así como a previsión do estado do mar, ou previsión da calidade das augas. Trátase en definitiva, de elaborar informes ou mapas informativos nos que se faciliten datos e que, en definitiva, sexan un sistema de predición que poida ser empregada polos percebeiros, os traballadores de extracción de ameixa así como para os portos galegos, co obxectivo de realizar os labores de descarga con maior seguridade.

También te puede interesar