Destacados Vigo al minuto

Os nenos aprenden inglés mentras van ao teatro

Cartel da obra
Cartel da obra

O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal «AULAS INTERNACIONAIS», unha nova edición da iniciativa didáctica «VIGO ACTIVITIES 2009-2010» coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

A escenificación da obra «Teddy Bear» que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración coa Compañía «Global Project», conta nas súas dúas versións en pequeno e grande formato, cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

O programa levará a escea entre o 23 de novembro ao 2 de decembro, 15 sesións en versión de pequeno formato en 15 centros de ensino previamente seleccionados e o venres 18 de decembro unha sesión en grande formato no Auditorio Helios de Bembrive.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.