O profesor do Instituto Escocés do Océano da Universidade de St. Andrews (Reino Unido), Robert Prescott, considerado o maior experto mundial no Beagle, inaugura hoxe, xoves 26 de novembro, ás 20.00h., no Salón de Actos do Museo do Mar de Galicia, o ciclo de conferencias ‘Darwin, navegando no Beagle’, ciclo paralelo á exposición que leva o mesmo nome.
Prescott, que participou na equipa británica que estudou a derrota do famoso barco e o seu derradeiro destino, falará sobre As últimas singladuras do Beagle, e estará acompañado polo historiador,
arqueólogo e director do Museo do Cantábrico de Santander, José Luis Casado, quen abordará a loxística das expedicións científicas da época e a do Beagle en particular. Casado ten publicado numerosas investigacións sobre a construcción naval na idade media e moderna, e é un dos mairores especialistas nesta materia concreta.
As conferencias, que terán lugar ás 20.00 h. no Salón de Actos do Museo, tratarán distintos aspectos sobre Darwin e a Teoría da Evolución, e rematarán o 28 de xaneiro de 2010.