
Este venres continuarán as proxeccións do Ciclo de Cine Submarino no Centro Social Caixanova as 20:00 horas co documental El bosque encantado e o relatorio do seu realizador, o galego Jorge Candán, que participará unha vez finalizada a proxección nun coloquio cos asistentes. O bosque encantado amosa un bosque descoñecido para o gran público, obxecto dos medos inxustificados dos bañistas. O documental comeza cunha visión misteriosa, máis propia de ciencias ocultas, que se vai convertendo nun bosque de pura ciencia, con especies e comportamentos dun ecosistema moi rico, de misterios biolóxicos.