A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu onte na súa reunión, celebrada en Barcelona, unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida pola Xunta . O texto sinala que “as medidas adoptadas contra a lingua galega en abril supoñen unha vulneración dos tratados interaccionais sobre dereitos lingüísticos asinados por España” e contra a carta Europea de Linguas Rexionais Minorizadas.
A EBLUL afirma que “é especialmente grave non só que non se adoptasen as medidas recomendadas senon que se desmantelaran algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa como a Rede Galega de Escolas Infantis”.
O documento “anima” ao goberno galego a que desenrole unha política lingüística de espallamento social da lingua propia de Galicia e advierte que “de seguir con esta política de desprotección” dará conta da mesma aos diferentes foros interaccionáis. Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posue o rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).